A empresa morañesa Vertifil despide a un traballador ao mes seguinte de bonificar a súa producción

MORAÑA> A CIG maniféstase fronte a empresa morañesa Vertifil polo despido dun traballador. Dende a compañía alegan motivos disciplinarios, unha razón que non comparten dende o sindicato, que reclamarán por vía xudicial esta decisión. Os traballadores non entenden que a empresa despida a un compañeiro que o mes pasado foi bonificado pola súa produción.

O sindicato da CIG mobilizou aos traballadores da empresa Vertifil de Moraña para loitar contra o despido dun traballador. Segundo indican, a compañía comunicou a decisión ao empregado de forma repentina alegando motivos disciplinarios. Unha razón que dende o sindicato consideran inxustificada.

Os traballadores sinalan que non ten lóxica que se despida a un empregado con máis de 10 anos de antigüidade e que o mes pasado foi bonificado pola súa produción.

O propio traballador sinalan que o motivo que argumenta a empresa para despedilo é falso.

Dende a CIG consideran que detrás de este despido hai unha intención da empresa de redución de persoal.

Os traballadores xa se mobilizaran antes da pandemia polo despido de cinco compañeiros, os ertes evitaron máis despedimentos pero aínda así ata outros 10 compañeiros deixaron a empresa sen que ninguén os relevase, aumentando a carga de traballo dos empregados restantes.

A CIG acudirá aos xulgados para reclamara a readmisión do traballador. Ademais continuará mobilizándose nas rúas sen descartas ir á folga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí