Nos vindeiros meses abríranse as portas do Museo do Ferrocarril en Carril

    VILAGARCÍA >En 1873, Vilagarcía de Arousa convértese na terminal do primeiro camiño de ferro de Galicia. A liña Santiago- Carril remataba na estación carrilexa hoxe rehabilitada e convertida no museo do ferrocarril. Faltan xa moi poucas cousas para que as portas o pasado ferroviario se abran a todos os cidadáns.

    O Museo do Ferrocarril de Vilagarcía está xa rematado. Esta mañá o alcalde Javier Gago e concelleiro de Cultura, Roberto Araujo, visitaban o centro para comprobalo seu novo aspecto. Integrado na Rede de turismo cultural galaico portuguesa abrirá as portas nos vindeiros meses despois de rematar a catalogación dos contidos que albergará o museo. O  edificio consta de dous andares. No primeiro atópase unha sala audiovisual onde se recrea en tres dimensións o primeiro viaxe do tren en  Vilagarcía. Foi en 1973,  percorréronse 42 quilómetros  e fíxose o traxecto de Vilagarcía a Cornes. Neste mesmo andar pódense observar dous pantallas interactivas no que se desenvolve a historia do ferrocarril en España e Galicia e a revolución industrial. Deste xeito o visitante parte ubicando a temática do museo no tempo e no espazo facendo referencia as pequenas historias locais que se enmarcan na historia xeral dos ferrocarrís e que falan dunha cidade mariñeira, a Vilagarcía dos séculos XVIII a XIX que ten vocación de converterse nunha cidade aberta e dinámica. Por exemplo unha das anécdotas máis relevantes desta viaxe e a historia do maquinista Varela. Nos anos trinta do século XX foi moi peculiar un maquinista que traballaba entre a liña Vilagarcía e Santiago. Todos o chamaban o maquinista Varela e os trens que conducía os Varela. Era famoso por parar o tren en calquera punto da vía para deixar subir á persoa que lle fixera unha sinal pedíndolle unha parada. A súa fama foi tan grande que hoxe en día aínda se emprega a expresión “es máis lento que o tren Varela”. O segundo andar do museo estará composto por unha ou dúas maquetas e os rapaces e maiores poderán aprender a historia do ferrocarril mediante un xogo interactivo.

    Redacción Salnés