O ‘Galicia Movistar’ lidera a segunda etapa da Volvo Ocean Race

    SANXENXO > Xa está en marcha a segunda etapa da Volvo Ocean Race e polo momento, con boas novas para o barco español. Segundo as últimas novas enviadas pola organización, o Movistar lidera a flota, seguido do Brasil 1, Piratas del Caribe e ING. Pechan a clasificación o Ericcson e os ABN.

    A segunda etapa da Volvo Ocean Race augúrase moi dura. As condicións que se deron na regata costeira de Ciudad del Cabo non se repetiron na saida de hoxe que terá como final a cidade australiana de Melbourne. A saída foi gañada polo Brasil 1, seguido polo ABN 2, anque os escasos 5 nós que sopraban fixeron que as posicións variaran constantemente. Tardaron máis do previsto en chegar á baliza de desmarque, e a partir de aí a situación aínda empeorou máis ó quedar sen vento ningún. Tras unha difícil virada de boia, o liderato recaeu no Movistar, seguido do ABN 2 e do ING en terceira posición. O actual líder da clasificación xeral situábase cuarto. E xa en mar aberto e preto de superar o Cabo de Buena Esperanza, o Movistar lidera a flota, seguido a unha milla do Brasil 1, Piratas del Caribe e ING. A flota péchase co Ericcson e os ABN a dúas millas do líder.

    Redacción Salnés