Vilagarcía aplica novas medidas sanitarias e económicas para afrontar a crise do coronavirus

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía foi un dos primeiros municipios da contorna en tomar medidas para evitar os contaxios por COVID -19. Once días despois o goberno local fai balance da situación e decreta novas disposicións tanto sanitarias como económicas.

Antes de que se decretara o estado de alarma, dende o concello de Vilagarcía tomaron medidas para frear o avance do coronavirus. Estas normas non afectaron ao normal funcionamento dos equipos de emerxencias e dos servizos sociais. Estes últimos incluso se potenciaron para axudar a todos os necesitados.

Aínda que a prioridade é facer fronte á crise sanitaria, dende o concello tamén tomarán medidas para axudar economicamente a aqueles que máis o necesitan.

Estas medidas inclúen o pago aos provedores para que dispoñan de liquidez ante o cese de traballo. Continuando co análise da situación, dende o concello lamentan a escaseza de materiais dos que dispoñen para facer fronte a esta epidemia.

En Vilagarcía puxéronse 35 denuncias por quebrantamento da corentena. Por iso o alcalde pide á veciñanza solidariedade e unión, xa que para poder volver a saír as rúas teñen que quedar primeiro na casa.