Un home foxe da Policía polos tellados de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Os veciños da rúa Fariña de Ferreño en Vilagarcía pasaron un bo susto na pasada noite despois de que un mozo trepase polos tellados escapando da policía. O individou coñecido como, El Bicho, logrou escapar despois de 4 horas no tellado rompendo a porta de acceso dun dos edificios. 

     

    Como están a ver nas imaxes… os veciños da rúa Fariña de Ferreño pasaron un mal rato na pasada noite…  O mozo, iván, coñecio como El Bicho estaba escapando da Policía porque está en situación de busca e caputa e decidíu esconderse dos axentes nos tellados dos edificios. Dende esta posición houbo momentos de nervios e incluso chegou a tirar tellas, os veciños aseguran que o tellado está destrozado. Pese a insistencia dos axentes de que abandonase a zona dende a policía non puideron facer nada e ante a sorpresa dos veciños decidiron abandonar o lugar. O suceso aconteceu as oito da tarde aproximadamente, os veciños dixeron que sobre as dez os axentes xa non estaban alí e sobre as once da noite El Bicho conseguíu escapar rompendo a porta dun destes edificios. 

    Ao peche deste informativo El Bicho segue en busca e captura e os veciños da zona como puideron comprobar nas imaxes non entenden como onte, sen caputalo, a policía puido deixar este espazo sen vixianza nin control algún tendo claro que El Bicho continuaba nalgún destes inmobles. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/26/suceso_vilagarcia_tellados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/26/suceso_vilagarcia_tellados.mp4{/flowplayer}