Cúmprese un ano das riadas que asolagaron a comarca arousá

    vilagarciainundacions100_271107.jpgSALNÉS > Hoxe cúmprese un ano das inundacións que padeceu boa parte da comarca arousá. Vilagarcía, O Grove, ou Caldas …

    … foron algúns dos concellos onde as riadas fixeron máis dano. Tele Salnés Barbanza bota a vista a atrás e recupera imaxes que, en moitos casos, falan de seu.

    vilagarciainundacions200_271107.jpgVilagarcía de Arousa viviu hai hoxe un ano a peor inundación que recordan os seus cidadáns. O río do Con desbordábase e anegaba o centro urbano da localidade. Ata un metro de auga cubriu as rúas e colapsou tódolos accesos por estrada á cidade. Eran as consecuencias dunha tarde e dunha madrugada de chuvia intensa e continua. Xa no centro urbano, a zona de Fexdega era a primeira en anegarse coa crecida do río do Con, garaxes inundados ata os topes, os coches estacionados nas inmediacións cubertos de auga e maleza.

    Nalgunhas zonas case era imposible pasar, como neste tramo de acceso ó Centro Comercial. E nalgúns comercios os propietarios continuaban as labores de limpeza. Máis adiante, na praza de España, a auga acumulábase en sotos e garaxes. Nas inmediacións do río do Con, as imaxes eran desoladoras, a riada deixara tras de si un rastro de lama que cubría boa parte da vila. e nos comercios continuaba o traballo. En fin, unha madrugada para esquecer.

    No Grove, víronse estampas similares. A auga caída foi tal que non zafou ningún dos garaxes subterráneos. Tampouco as vivendas se libraron do envite da auga. María Elisa Barral, foi unha das peores paradas. A riada levoulle, literalmente, a súa casa por diante.

    Caldas de Reis volvía tamén a rememorar as riadas habituais de antes da construcción do encoro. Desta vez collía ós seus habitantes por sorpresa. Todo comezaba pola tarde coa enchente do río Bermaña que fixo saír a moitos dos establecementos comerciais. Pero de madrugada o Umia tamén desbordaba e acababa por empeorar unha situación xa de por si caótica.

    Riadas que deixaron practicamente incomunicada á comarca arousá. Ata a propia Garda Civil de Tráfico sufría nas súas carnes o envite da choiva, caendo nun dos moitos socavóns que apareceron na Vía do Salnés esa noite.

    {flowplayer}images/salnes/aniversarioriadas.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés