Caixanova asina un convenio de colaboración coa asociación “Con Eles”.

    VILAGARCÍA> A Asociación de atención a persoas con discapacidade psíquica “Con Eles” asinou un convenio de colaboración coa entidade Caixanova para a ampliación do centro de día de Vilagarcía. Con esta nova fase as instalacións do centro poderán ofrecer servizos de comedor e incrementar a súa actividade de asistencia.

    A organización “con eles” conta actualmente cun centro de día que comprende unha aula formativa, un pre- taller, dous vestiarios, unha sala polivalente, aseos e oficina. Debido a súa capacidade alberga tan só a 25 usuarios que desenvolven actividades destinadas a fomentar a súa capacidade mental. En pouco tempo comezarase coa ampliación desta edifico que albergará moi cedo unha cociña e un comedor.

    O convenio asinado ten unha duración de dous anos e un importe de 12000 euros. Deste xeito Caixanova exerce unha destacada actividade social orientada a calidade de vida destes rapaces.

    O diñeiro destinarase principalmente ó equipamento do centro, que moi cedo terá cuberto gran parte das súas necesidades. Nun futuro no moi afastado o centro construirá a segunda planta onde albergará un servicio de alivio os familiares. Nunha terceira planta “con eles” pretende chegar a construír unha pequena residencia.

    Redacción Salnés