Caixa Galicia asina un convenio coa Cámara de Comercio para lanzar unha visa

    VILAGARCÍA> A entidade CaixaGalicia e a Cámara de Comercio de Vilagarcía asinaron  un convenio de colaboración que se verá plasmado na nova tarxeta Visa Cámara Vilagarcía de Arousa. Un novo soporte electrónico creado en definitiva para favorecer o pequeno e o mediano comercio.

    Era a unha da tarde cando o director xeral de Caixa Galicia, Jose Luis Méndez, chegaba o auditorio  da Cámara de Comercio de Vilagarcía para asinar un convenio de colaboración entra ámbalas dúas entidades.Tratase do nacemento da nova tarxeta Visa Cámara que permitirá o usuario escoller a forma de pago que máis lle conveña dentro dun gran ábaco de oportunidades. Este novo sistema de pago está destinado para favorecer as transaccións económicas do pequeno e mediano comercio.

    O director xeral de Caixa Galicia pola súa banda destacou a importancia desta unión para fortalecer este sector empresarial. A tarxeta será gratuíta durante o primeiro ano aínda que nos seguintes non terá gasto algún se o titular factura un mínimo de 1.200 euros. Non é necesario cambiar de entidade financieira e incorpora de forma gratuíta seguros de accidente, roubo, uso fraudulento, protección de prezo e de asistencia de viaxes.

    Redacción Salnés