VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, informou dos proxectos que presentará en Augas de galicia para mellorar o abastecemento de auga na cidade. Deste xeito está prevista a instalación dunha nova canalización de conexión entre a rede do río Ulla e a rede xeral de Vilagarcía. Por outra banda Javier Gago informou da chegada dun escrito por parte duns veciños de Rubiáns que pedían que o proxecto do porto se quedará tal e como está.
Javier Gago espera que a vindeira semana poida tratar os novos proxectos para mellorar o abastecemento de auga de Vilagarcía co director xeral de Augas de Galicia. Trataríase da instalación dunha nova canalización de conexión entre a rede do río Ulla e a rede xeral de distribución do concello vilagarcián, ademais da substitución da canalización de subida á Estación de Tratamento de Augas Potables na estrada N-640. recursos. O segundo proxecto será a limpeza do leito do río do Con entre as rúas Arcebispo Andrade ata Doutor Tourón.
Por outra banda o rexedor vilagarcián informou da chegada dun escrito dun grupo de veciños de Rubiáns afectados polo trazado do novo acceso o Porto. Os habitantes dos lugares de As Viñas , Lago e Rañadoiro piden que o proxecto se quede tal e como foi deseñado polo Ministerio de Fomento.
Redacción Salnés