O temporal cóbrase a vida dun xubilado que achicaba auga na súa dorna en Porto Meloxo

    O GROVE > O mar cobrouse unha nova víctima mortal. Foi no Grove, en Porto Meloxo. Un veciño de 68 anos, faleceu ó golpear a cabeza contra o pantalán no que tiña ancorada a súa embarcación de recreo. O forte vento que se levantou deulle volta de quilla á embarcación. Cando chegaron as ambulancias xa nada se puido facer.

    dornaafundida_300_170206.jpgO vento non perdoou esta tarde e o temporal levou consigo a vida de Eliseo Cambados Padín, un veciño de 68 anos do Grove que na tarde do venres acudía a achicar auga da súa pequena dorna varada en Porto Meloxo. Eran as catro da tarde cando Eliseo foi sorprendido por unha forte racha de vento.

    Parece ser que da intensidade do vento a dorna se chegou a poñer en posición vertical, o tirou e se golpeou contra o pantalán. Eliseo, un coñecido veciño do Grove, que xa estaba xubilado e tiña a pesca coma unha afección, deixa viúva e dous fillos. Tralo accidente, o corpo rescatado foi trasladado ó instituto anatómico forense de Pontevedra para practicarlle a autopsia.

    Redacción Salnés