A ADR aproba tres proxectos para a promoción da comarca Ulla-Umia

    xuntadirectivaadrullaumia_100_060807__still_002.jpgCALDAS > A Asociación para o Desenvolvemento Rural dos Vales do Ulla e Umia celebrou unha sesión extraordinaria da xunta directiva.

    Na reunión adxudicáronse tres concursos, con cargo ao Programa Leader+. Trátase da obra ‘sete puntos de información multimedia, e dos servizos de ‘material de promoción turística’ e ‘promoción das rutas turísticas histórica e naturocio’. Tecnologías Plexus foi a adxudicataria da obra ‘Sete Puntos de Información Multimedia’, que comprende a instalación en cada un dos sete concellos da comarca dun punto onde se poderá consultar virtualmente información dos recursos patrimoniais e naturais.

    Pero na reunión de onte tamén se adxudicou a Darredor Deseño Cultural o concurso de ‘Material de Promoción Turística’, que permitirá ofrecer unha imaxe coherente da comarca, tanto en soporte papel como a través das novas tecnoloxías. E Ideara fíxose co concurso para o ‘Deseño, Programación e Promoción das Rutas Turísticas Histórica e Naturocio’, que englobarán recursos do patrimonio natural e cultural da comarca e permitirán facer dúas rutas turísticas.

    Finalmente nesta xuntanza da ADR Ulla-Umia tamén se aprobou darlle unha prórroga ó Concello de Pontecesures para o acondicionamento do entorno natural do Miradoiro do Galiñeiro. Tamén terá unha prórroga Carpintería Escariz y Taboada para remata-lo seu proxecto de carpintería de traballos a medida con factor artesanal e a Manuel Ourille para que remate o establecemento de turismo rural ‘Casas de Alexandre’.

    Redacción Salnés