O PSOE de Vilagarcía admite as emendas de IVIL ós orzamentos de 2006

    VILAGARCÍA > O PSOE de Vilagarcía chegou a un acordo con IVIL polos orzamentos do municipio que van a pleno. Rivera Mallo reuniuse co alcalde cunha emenda na man que recollía unha serie de melloras de índole social aceptadas na súa totalidade polo equipo de goberno. Os socialistas teñen xa todas as de gañar para sacar adiante os orzamentos de 2006 no pleno.

    Tralo estudo dos orzamentos municipais para 2006 feito por IVIL, decidiron presentar unha emenda ó equipo de goberno vilagarcián que estes decidiron asumir.

    A emenda nace, segundo os independentes, tras atopar certas eivas de índole principalmente social nos orzamentos. Uns presupostos que distan moito, aseguran, dos que eles tiveran presentado. A emenda compromete a conxelación de certos impostos municipais para o ano 2007, actuacións medioambientais de mellora no porto de Vilagarcía e entorno costeiro, rehabilitación do patrimonio de Carril e Vilaxoán, execución das mocións presentadas con anterioridade polos independentes e relativas ó PXOM ou modificación de certas infraestructuras, entre outras medidas de contido social. IVIL recalca precisamente o compromiso social que ten adquirido o partido e non entende as críticas doutros grupos políticos que os teñen acusado de recibir prestacións a cambio do apoiar os orzamentos.

    Redacción Salnés