Sanidade promete citas inmediatas para os especialistas no Hospital do Salnés

    VILAGARCÍA > Tal como lles contamos onte, a Plataforma pro Hospital do Salnés reuniuse coa Conselleira de Sanidade. Onte coñecemos o contido desa reunión a través da Consellería e hoxe foi a propia Plataforma quen valorou a xuntanza. Anque non houbo grandes compromisos, sí conseguiron a promesa de que as citas para os especialistas se darían de inmediato e haberá total transparencia nas listas de espera.

    Sobre o resto de peticións, a conselleira retrasou calquera decisión ata coñecer o resultado dun estudo da área norte de Pontevedra que tardará quince días. O que sí repetiron dende a Xunta foi que queren un crecemento ordeado, tanto no referente a camas como novos especialistas. No que non parece que haxa moita disposición é na creción dunha UCI.

    O secretario xeral de CC.OO. de Vilagarcía tamén alertou á conselleira sobre a necesidade de cambia-lo modelo de xestión do hospital para evita-las contratacións a dedo que se veñen producindo dende a súa creación. E tamén se lle pediu participación cidadá nos órganos de decisión para que os usuarios poidan opinar sobre o funcionamento do sistema, algo que podería ser posible en breve.

    Redacción Salnés