PONTEVEDRA> O proxecto de mellora do bombeo e colector de Cabanelas comezará a executarse no primeiro semestro do 2023 e rematará ese ano. Hoxe sae a licitación esa actuación que busca rematar coas frecuentes verteduras ao río Umia e que acaban na ría de Arousa. A obra ten un orzamento de un millón de euros. Dela beneficiaranse os concellos de Ribadumia, Cambados, Vilanova e Vilagarcía.
A mellora do bombeo e colector de Cabanelas está un chisco máis preto. Hoxe saíu a licitación ese proxecto ao que a Xunta destinará algo máis de un millón de euros. O obxectivo: rematar coas frecuentes verteduras que afectan ao río Umia e que acaban chegando á Ría de Arousa.
Segundo os cálculos da Xunta, os traballos comezarán ao longo do primeiro semestre do 2023. Cunha prazo de execución de seis meses. Na presentación do proxecto, estiveron presentes o alcalde de Ribadumia e Vilanova, que celebran a actuación.
Onde non hai avances é na mellora do saneamento en Vilanova, para onde a Xunta ten consignado un orzamento de 4 millóns de euros. O proxecto está bloqueado en Costas do Estado.
A conselleira aproveitou para repasar outros proxectos relacionados co sanemanto na comarca. Salientou o comezo das obras da depuradora de Tragove o mes que vén, así como a mellora do sanemanto en Cambados, que sairá a licitación este mes. Tamén lembrou a inminente renovación dos colectores de Vilagarcía.