Durán defende a promoción turística de Vilanova ante as acusacións dos gobernos socialistas

VILAGARCÍA> Gonzalo Durán responde as acusacións do concello de Vilagarcía de querer confundir coa promoción turística “Mar de Santiago”. O alcalde vilanovés acusa aos gobernos socialistas de non aportar nada ao turismo de Salnés. Tamén cualificou de nefasta a promoción turística de Vilagarcía.

O concello de Vilanova rexistrou a marca “Mar de Santiago” para crear unha nova campaña publicitaria coa que atraer peregrinos dende Santiago. A novidade non foi ben recibida en Vilagarcía. Dende o goberno vilagarcián acusaron a Durán de copiar a súa marca “Mar de Compostela” e confundir así aos visitantes. Unhas criticas que non gustaron ao alcalde vilanovés.

O alcalde vilanovés defendeu o traballo de promoción da comarca do Salnés que o seu equipo realizou cando estaban á fronte da mancomunidade. Acusou aos alcaldes socialistas, do último mandato, de non facer nada polo turismo da comarca.

As críticas ampliáronse ao concello de Vilagarcía. Durán considera que promoción turística da capital do Salnés é nula.

Gonzalo Durán agradece que tanto Vilagarcía como o resto de concellos socialistas se sumen agora a promoción do Salnés. Asegura que se calquera localidade aumenta o seu turismo o resto sairán beneficiadas. Insistiu en que o deixen traballar en paz na defensa dos intereses de Vilanova. Gonzalo Durán pide aos gobernos socialistas que o deixen traballar en paz na defensa dos intereses de Vilanova

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí