Rouban nunha tenda de Vilagarcía que só leva un mes aberta

VILAGARCÍA> Bea espertouse ás dúas e media da mañá cunha chamada que non agardaba: avisábana de que lle acaban de roubar na tenda. Acompañada da Policía achegouse ata o local para comprobar como quedara trala visita do ladrón. A pesar do susto, a tenda non sufriu danos. O caso forzou a pechadura e só arrancou o caixón onde gardaba os cartos, uns 200 euros. Non lle chamou a atención nin tan sequera o ordenador, nin unha tablet, pousada enriba do mostrador ó carón da rexistradora.

O caixón da rexistradora apareceu tirado nunha canella próxima á tenda, situada na céntrica rúa Castor Sánchez. As cámaras de vixilancia da tenda gravaron toda a secuencia do furto. Foi un roubo rápido, onde o ladrón –tras abri-la porta- foi directo á esquina onde estaba a caixa rexistradora. A pesar de que as cámaras captaron toda a secuencia, a identidade do ladrón non se descubriu polo de agora.