![]()
CAMBADOS > Novas sopresas no último caso relacionado coa detención de David Pérez Lago. O GRECO detivo á ex directora do Centro de Información á Muller de Cambados, Tania Varela, pola súa suposta relación coa banda do que supuestamente dirixe o fillastro de Laureano Oubiña. Ademais tamén se detivo á moza de Ricardo Cores, outro dos detidos na operación realizada en Corme.
Tania Varela foi durante un tempo a directora do CIM de Cambados. Era avogada e traballou en diversos casos na vila, incluso para a confraría de pescadores. O GRECO vincúlaa co entramado empresarial que rodea a David Pérez Lago, detido a principios de maio tras fracasar unha operación de desembarco de cocaína nunha praia de Corme. No xulgado desta vila podiamos ver ó fillastro de Oubiña e a Ricardo Cores, cuxa moza, que rexentaba unha tenda de teléfonos móviles en Vilagarcía, foi detida tamén.
As dúas pasarán a disposición do Xulgado número 3 de Cambados e non se descartan novas detencións xa que a investigación continúa aberta. A nova da detención de Tania Varela causou unha gran sorpresa na vila do albariño, onde era moi coñecida polo seu traballo á fronte do Centro da Muller ata o ano 2004, cando tivo un aparatoso accidente na vía rápida que a mantivo varios meses de baixa.
Redacción Salnés







