A confraría de Carril enfrontada pola agrupación de parquistas

    confrariacarril_100_020606.jpgVILAGARCÍA > A Confraría de Carril non contará cunha agrupación de parquistas. A iniciativa posta en marcha por un grupo de socios rematou o xoves precipitadamente e con graves enfrontamentos entre socios. Finalmente nin sequera se votou a constitución da agrupación xa que non había o número mínimo de socios necesario para proceder ás votacións.

    confrariacarril_300_020606.jpgÁs sete da tarde comezaban a chegar á lonxa de Carril os socios da confraría chamados a elexir a creación dunha agrupación de parquistas dentro do pósito, algo que non existe actualmente. Na porta da lonxa o patrón e a secretaria comprobaban que os que entraban estaban no censo. Foi aquí cando se produciu o primeiro enfrontamento, ó non deixar entrar á persoa que puxo en marcha todo o proceso, José Villamediana.

    El portaba un poder privado no que varias persoas que si eran socios o facultaban para representalo, pero o patrón maior alegou que a Consellería de Pesca non recoñecía dito poder e por tanto non podía entrar. Finalmente José Villanueva puido entrar pero non puido asistir á votación, posto que para iniciala tiñan que estar dentro a metade dos socios, como anunciaba o patrón maior.

    Mentres a secretaria contaba unha e outra vez o número de asistentes, os cruces de acusacións entre partidarios e detractores do cabildo aumentaban. Uns trataban de votar e rematar dunha vez coa situación, mentres os outros acusaban ó cabildo de entregarlles un censo falso e aumentalo nos últimos días para impedir que tiveran o número suficiente para poder votar e sacar adiante a proposta. O momento máis tenso produciuse cando un socio se encarou a Villamediana e ó ex patrón, Ventura Vidal, culpándoo do clima de tensión, o que provocou un forte enfrentamento entre ambos.

    Redacción Salnés