As análises realizadas constatan que a auga en Vilagarcía é potable

    VILAGARCÍA > O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, saíu ó paso das críticas recibidas esta semana polos grupos do PP e Esquerda Unida acerca da calidade da auga da traída municipal. O rexedor afirmou que a auga de Vilagarcía é apta para o consumo e que así o constataban os análises recibidos desde a Xunta e a empresa subministradora.

    javiergago_300_200606.jpgO Concello recibiu as análises dende a Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública e desde a empresa subministradora indican que a auga da traída municipal é apta para o consumo.

    Gago recoñeceu que nalgunhas ocasións a auga perde algunha cualidade, o que lle dá turbidez e olor á auga, pero insiste en que se dá dentro dos parámetros legais.

    O rexedor vilagarcián arremeteu duramente contra os portavoces do PP e de Esquerda Unida por dubidar das análises realizadas polas administracións. Acusa a ambos de irresponsables por non se fiar dos resultados que recibe o concello da Xunta e da empresa suministradora cando son o mesmo tipo de análises que se fan noutros concellos do Salnés e que ninguén pon en dúbida. Criticou así ó representante de Esquerda Unida, Juan Fajardo, do que asegurou non lle sorprender a súa actitude pero de Tomás Fole dixo descoñecer se as críticas as facía por mala fe ou por ignorancia.

    Redacción Salnés