Unha veciña de Sanxenxo denuncia a falta de seguridade nos voos de repatriación da UE

SANXENXO> O confinamento afecta  de maneira diferente aos veciños da contorna que residen no estranxeiro. Unha veciña de Sanxenxo regresou á súa vila dende Ecuador grazas ao Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea. Unha viaxe con moitas complicacións e con escasas medidas de protección e seguridade.

Ante a crisis mundial provocada polo coronavirus, a Unión Europea puxo en marcha o Mecanismo de Protección Civil da Unión. Un programa mediante o cal os diferentes estados da UE traballan en coordinación para repatriar aos europeos atrapados noutros países. Mediante este mecanismo unha veciña de Sanxenxo puido regresar desde Ecuador. Nunha viaxe con numerosas complicacións.

Despois de pasar a noite nun hotel de Guayaquil, os repatriados volveron a Europa nun voo cunhas condicións de seguridade moi baixas.

Ante a falta de medidas de prevención, Guadalupe advirte do risco de contaxio dos pasaxeiros repatriados.

A sanxexina non entende como a Unión Europea pode fretar voos en tan malas condicións e con medidas de protección tan baixas. Estes viaxes contan cos fondos da UE pero aínda así os pasaxeiros teñen que pagar o seu billete moito máis caro que nun viaxe convencional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí