O CAAN da Armenteira xestinonou 170 adopcións de animais abandonados no que vai de ano

MEIS> Visita de Alfonso Rueda ao CAAN, o centro de acollida e protección de animais situado en Meis, xunto coa conselleira de Medio Ambiente e o presidente da Deputación de Pontevedra. O organismo provincial destinou case un millón e medio de euros a renova-lo contrato de xestión deste refuxio, que inclúe un novo servizo de control e esterilización de colonias felinas nos concellos.

Nas instalacións do CAAN da Armenteira, en Meis, hai nestes momentos 288 cans sen fogar. Este centro de acollida e protección de animais a 52 concellos adheridos da provicia. Esta mañá, o presidente da Xunta e a Conselleira de Medio Ambiente visitaron o refuxio, na compaña do presidente da Deputación. O centro, de titularidade provincial, vén de renova-lo seu contrato de xestión por 1,4 millóns. Inclúe un novo servizo de control e esterilización de colonias felinas nos concellos.

Na visita fixeron un chamamento á adopción de animais en centros como este. Luis López aproveita para poñer en valor o traballo feito polo CAAN dende a súa posta en funcionamento no 2013. Salienta que no que levamos de ano, de aquí saíron xa 170 cans.

O presidente Alfonso Rueda sumouse tamén a ese chamamento a prol das adopcións. Nese sentido destacou unha das primeiras medidas adoptadas polo primeiro consello da Xunta, celebrado este luns trala toma de posesión dos conselleiros. O goberno galego concederá axudas de ata 150 euros a quen adopte mascotas neste tipo de refuxios.

A esta liña de axudas poderase optar xestionando a adopción da mascota nalgún dos 39 refuxios de animais autorizados en Galicia, entre eles o CAAN da Deputación de Pontevedra.