A unitaria de Aralde dispón ao fin dunha cuberta no patio para evitar que se molle o alumnado

VILAGARCIA> O concello de Vilagarcía instala unha cuberta no patio da escola unitaria de Aralde. O teito era moi demandado polos pais e nais xa que as crianzas mollábanse cando agardaban no exterior do centro. A obra foi sufragada integramente polo concello de Vilagarcía cun investimento superior aos 20 mil euros.

Este inverno será un pouco diferente para os nenos e nenas da escola unitaria de Aralde. Despois de moitos anos de reclamacións de nais, pais e avós, o concello de Vilagarcía instala unha cuberta no patio do centro escolar.

A obra foi financiada integramente polo concello de Vilagarcía. O investimento superou os 20 mil euros.

Dende o concello reclaman que o proxecto era unha competencia da Xunta e que tiveron que asumir todo o investimento ao negarse a participar a consellería.

O concello tamén carga contra a Xunta por deixar de lado as escolas rurais.

Con esta cuberta, as nenas e nenos non só non se mollarán ao entrar e saír da escola, se non que poderán saír a xogar ao patio os día de choiva. A unitaria de Aralde é unha escola que goza de boa saúde e agárdanse a matriculación de máis de 20 alumnos no vindeiro curso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí