Comezan os estudios previos para construír a Ponte das Correntes

    concelleiroinfraestructuras_100.jpgPONTEVEDRA > Onte a tarde iniciáronse, na zona de Domingo Fontán, as tarefas de elaboración do estudio xeotécnico en ámbalas dúas marxes do río Lérez.

    Este informe é o último paso previo para a execución da nova Ponte das Correntes. Estes traballos prolongaranse durante tres semanas. O seu remate, os técnicos poderán determinar as necesidades de cimentación deste espazo, co que consecuentemente, se concretará a necesidade orzamentaria de execución da obra.

    O goberno municipal calcula que o comezo das obras da ponte podería ter lugar a mediados do ano que ven; polo que estiman que a Ponte das Correntes podería ser unha realidade dentro de dous anos e medio aproximadamente. Este mesmo executivo aínda está a barallar o xeito de preselección dos proxectos, pero o que si teñen claro é que precisan unha solución urxente ós problemas de tráfico desta zona e ademais, queren que sexa unha construcción singular.

    Por outra banda, o concelleiro de infraestructuras , Cesáreo Mosquera, valorou o proxecto da rotonda no nó do Pino. Mosquera definiu a presentación dos populares como enxeñería recreativa.

    O Concelleiro asegurou que a solución proposta polos populares non é tecnicamente viable. A maiores, asegurou que este estilo de facer política de curtas miras, consistente en opoñerse a todo por sistema e logo buscar unha solución alternativa, é moi preocupante e provoca a paralización dos proxectos.

    Redacción Salnés.