O radar de Tráfico detecta a un vehículo a 187 Km/h pola vía rápida do Barbanza

    BARBANZA > A Dirección Xeral de Tráfico vén de imputarlle un delicto contra a seguridade do tráfico a un mozo da Pobra do Caramiñal, de 25 anos de idade, e que circulaba no seu vehículo pola Vía Autonómica do Barbanza a unha velocidade de 187 quilómetros por hora, cando o dito tramo está limitado a oitenta. O martes comparecerá no Xulgado de Ribeira por un delicto contra a seguridade do tráfico.

    radar_300_310706.jpgÓ parecer o mozo pobrés, que responde ás iniciais de R.R.G, circulaba nun Audi A-4 pola Vía Autonómica do Barbanza en dirección a Padrón. O radar da Garda Civil de Tráfico detectou que o vehículo marchaba a unha velocidade de 187 quilómetros por hora, cando o límite nese tramo se sitúa en oitenta.

    Os feitos agora coñecidos tiveron lugar o pasado 18 de xullo, á altura do quilómetro 2’700 da dita estrada, correspondente ó termo municipal de Boiro.

    No momento de cometerse a infracción a vía soportaba tamén unha circulación intensa en ámba-las dúas direccións e os axentes consideraron que a actitude totalmente irresponsable do condutor puxo en concreto e manifesto perigo a vida e integridade doutros usuarios ó rebasar de xeito desproporcionado os límites establecidos.

    O suceso foi posto en coñecemneto do tituar do Xulgado de Instrucción número 1 de Ribeira que xa citou ó xoven para que conparecese no dito xulgado, unha citación que está previsto que se produza o martes primeiro de agosto.

    Redacción Barbanza