Arousa Norte organiza unha festa de despedida á xerente Pilar López

    BARBANZA > Despois de dous anos e medio á fronte da xerencia da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Pilar López, abandona este cargo, ó remata-lo seu contrato laboral. Entre os seus méritos destaca, entre outras cousas, a súa contribución ó desenvolvemento do Plan de Dinamización Turística. Como despedida os seus compañeiros de traballo, agora amigos, e responsables do ente supramunicipal organizáronlle unha pequena festa.

    pilarlopez.jpgForon moitas as persoas que acudiron a esta festa de despedida de Pilar, que deixa o seu cargo como xerente da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte. Non faltaron algún dos alcaldes cos que nestes últimos dous anos e medio estivo traballando diariamente como é o caso do rexedor boirés, Xosé Deira, ou o da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, actual presidente de Arousa Norte, que tivo palabras de eloxio para Pilar. Tampouco faltaron moitos dos seus compañeiros de oficina, agora xa amigos, que foron os encargados de organizar este acto.

    Durante uns momentos Pilar comparteu con TVSB os seus sentimentos, de felicidade e pena, ó mesmo tempo. Visiblemente emocionada agradeceu a todos eles esta pequena festa. Pilar López fixo tamén un pequeno repaso do traballo realizado ó longo destes anos desde a Mancomunidade Arousa Norte, a través fundamentalmente do Plan de Dinamización Turística, no que se investiron máis de dous millóns de euros, e froito do cal a comarca do Barbanza comezou a ser máis coñecida a nivel nacional e internacional. Aínda así quedan moitas cousas por facer, entre elas, a desestacionalización do turismo.

    Redacción Ribeira