A praza de Vilagarcía certifica a súa gran calidade co selo de mercado excelente

VILAGARCIA> A praza de Vilagarcía recibirá a cualificación de mercado excelente por parte da Xunta de Galicia. Así o anunciou o vicepresidente do goberno autonómico, Francisco Conde, nunha visita ao mercado vilagarcián. Este distintivo supón un recoñecemento da calidade dos produtos da praza de abastos.

Dende hai anos, o concello de Vilagarcía leva realizados numerosos investimentos na praza de abastos da vila para mellorar o seu aspecto e a súa funcionalidade. Froito destas melloras e da gran calidade dos produtos do mercado, a xunta anunciou que a praza recibirá a cualificación de mercado excelente.

Este distintivo supón un certificado de garantía de que tanto a praza como os seus produtos son de primeira calidade.

Dende o concello celebraron a noticia e sinalaron a importancia que a praza ten para dinamizar Vilagarcía.

A boa nova chegou nun dos días nos que a praza de abastos está menos transitada, con moitos postos baleiros ante a caída de clientes. Ambas administracións anunciaron tamén novas medidas, dende a xunta convocarán unha orde de axudas para equipamentos e dende o concello realizarán diferentes melloras para modernizar a praza aproveitando os fondos europeos. Todas as iniciativas encamiñadas a dinamizar a praza e os produtos de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí