Cambados orienta aos emprendedores do futuro

CAMBADOS> Cambados busca aos emprendedores do futuro.  O concello celebrou o seu V foro de emprendemento. O obxectivo era dar a coñecer aos máis novos as vantaxes de crear a súa propia empresa na vila.

Comezar o teu propio negocio non é doado. O medo e o descoñecemento fai que moitas persoas non se atrevan a lanzar a súa propia empresa. Para axudar aos emprendedores e fomentar o emprendemento, o concello de Cambados realiza o foro de emprendemento. A iniciativa celebrou a súa quinta edición.

O foro está dirixido á xente moza e a todas aquelas persoas que queiran comezar a emprender.

Ademais o concello de Cambados quere mostrar aos futuros emprendedores todas as vantaxes que ten comezar un negocio na vila.

Ao acto asistiron máis de 80 persoas, na súa maioría estudantes. O concello agarda que agora teñan claro tódalas facilidades que ten emprender en Cambados.