En novembro comezará a reforma do Náutico de Pontecesures

    reformanauticocesures_100_171006.jpgPONTECESURES > A esperada reforma do náutico de Pontecesures podería ser unha realidade en breve.

    Responsables do proxecto de reforma e ampliación do Club Náutico de Pontecesures explicáronlle ós usuarios e ó goberno local en que consistirán as obras.

    En principio manterase o actual edificio anque se ampliará cun novo brazo que acollerá o ximnasio. A actual nave manterase como almacén de embarcacións e acollerá os vestiarios e a sauna, completamente adaptados para minusválidos. Tamén se traballará no aislamento e mellora da actual estructura que presenta numerosas deficiencias.

    O alcalde interesouse polo tempo dos traballos, previsto en principio para 12 meses. Os arquitectos non quixeron comprometerse a reducilo xa que a obra pode presentar complicacións debido ó recheo onde está situado o club e ás dificultades do proxecto. Aínda así, a máis tardar, o club estará rematado en novembro do ano que ven, xa que as obras está previsto que comecen a finais deste mes ou principios de novembro. Mentres tanto o Concello buscará un lugar alternativo para trasladar a actividade náutica da vila.

    Redacción Salnés