![]()
RIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, xunto co presidente da Deputación, Rafael Louzán…
…presentaron esta mañá un proxecto de senda fluvial do Umia. Preténdese chegar a conectar o municipio de Cambados co Mosteiro da Armenteira. En Ribadumia, a fase que lles corresponde, vai dende Barrantes a Ponte Arnelas nun tramo que supera os 5 quilómetros de lonxitude.
Fai escasos minutos que a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, e mailo presidente da Deputación, Rafael Louzán, se reunían cos veciños do municipio con propiedades na marxe do Umia para comentarlles o proxecto de senda fluvial que se pretende realizar na beira do río. Tátase dun proxecto presentado esta mañá e que consiste nun paseo que transcorre dende a Ponte de Barrantes ata Ponte Arnelas e que no futuro se conectaría con Cambados e mailo Mosteiro da Armenteira.
A idea é a de completar un triángulo de senderismo, ocio e lecer que recupera enclaves emblemáticos da comarca. É unha actuación que aproveita o recurso natural do río potenciando as zonas de esparcemento e lecer.
O proxecto executarase en dúas fases. A primeira dende a ponte de Barrantes a Cabanelas e a segunda ata Pontearnelas. Se todo sae segundo o previsto o paseo fluvial podería estar rematado para uso e desfrute dos veciños antes do vindeiro verán.
Redacción Salnés









