As fortes chuvias deixan importantes desfeitas na provincia de Pontevedra

    MEIS > O temporal de chuvia e vento desta pasada fin de semana deixou unha imaxe desoladora no concello de Meis. A parroquia máis afectada foi a de San Tomé. Os desbordamento de tres regatos asolagou fincas, baixos e mesmo cortou estradas. Culpan sobre todo, ás obras da vía rápida, que afectan a dous deses regatos.

    inundacionsmeis_200_231006.jpgA parroquia de San Tomé en Meis, amenceu asolagada o domingo. Estradas cortadas e pontes atascadas con maleza arrastrada polo río. As fortes chuvias desa madrugada provocaron aquí a enchente do río Silvoso anegando os baixos dunha vivenda e levando por diante parte da cimentación. Este río transcorre paralelo á vía rápida do Salnés ata o lugar da Lagoa. Aquí atópase con outro río, o Menor, que tamén se desbordou anegando fincas ó seu paso. Tamén o río que pasa por debaixo da vía rápida a través dun tubo que quedou atascado pola maleza provocou o desvío do seu cauce a través da pista.

    A auga levantou o asfalto e finalmente foi necesario abrir un surco na estrada para reconducir a auga ó seu cauce. Veciños e alcalde inspeccionaban a zona o domingo á tarde einundacionsmeis2_200_231006.jpg apuntaban ás obras de ampliación da autovía como principal causa desta desfeita. Ambos regatos, o Silvoso e o Menor, conflúen en Mosteiro no río Ansede, que tamén acabou anegando fincas e baixos de vivendas, como aconteceu en varias casas. A riada levou por diante tódolos enseres que a familia tiña no garaxe que quedaron esparcidos polas fincas colindantes.

    Na avenida de Cambados, foron moitos os comercios e vivendas afectadas. Bombeiros e protección civil afanábanse en achicar a auga que entrou nos baixos. Un dos máis afectados foi un taller de Mosteiro. O seu dono afirma que lle entrou no garaxe auga, barro e cinza. Outro incidente en Meis tivo lugar nunha granxa de polos en Armenteira. Morreron dúas mil aves despois de que a nave se inundara coas fortes chuvias, aínda que os seus donos non descartan que morran máis. O alcalde de Meis emplazou ós veciños a dar conta no Concello dos danos sufridos polas inundacións. 

    Redacción Salnés