![]()
AROUSA > As gasolineiras de Arousa seguiron a folga convocada a nivel nacional polos sindicatos FIA-UGT e Fitega-CC.OO.
A pesares de que os traballadores das gasolineiras de Arousa seguiron a convocatoria de folga, non houbo ningún problema. Se cumpriron os servizos mínimos e nin sequera nestas estacións de servizo se notou hoxe especial movemento.
Unha delas foi a de Barrantes onde José González confirmaba a tranquilidade coa que transcorreu a xornada. As maiores colas formáronse na noite de onte, cando moitos se enteraron de que ía poñerse en marcha a folga. Encheron entón os depósitos e hoxe o traballo nas gasolineiras foi o de calquera outro día ou mesmo máis baixo.
Xunto coa estación de Barrantes, as gasolineiras que hoxe se encargaron de ofrece-los servizos mínimos foron as de Bamio, Ponte Arnelas, Caleiro, a de Redondo en Pontecesures, a de Santa Lucía en Moraña, a da C-550 en Sanxenxo, a de Vilalonga, e a situada na A-9. Podería continuar Os sindicatos cifran nun 70 por cento o seguemento da primeira das dúas xornadas de folga pero aseguran que, de non chegar a acordo, o paro podería continuar. Os sindicatos denuncian que as condicións laborais e salariais se deterioraron nos últimos anos, mentres as empresas melloraban os seus resultados. En total están chamados á folga uns uns 40.000 traballadores de 7.500 estacións de servizo españolas. En Galicia son 2.700 traballadores de 610 gasolineiras.
Redacción Salnés






