O BNG de Ribeira aposta por unha cidade máis verde

RIBEIRA> O BNG de Ribeira aposta por unha cidade máis verde. A fomación nacionalista levará ó vindeiro pleno unha iniciativa instando ó executivo a realización dun Plan para aumentar o número de zonas verdes e a vexetación nas rúas. A proposta non é exclusiva para o casco urbano da cidade, senón que piden tamén a súa aplicación nas parroquias.

Para o BNG un proceso de humanización dun concello, coma no que está inmerso actualmente Ribeira, non estará completado, se non se aumenta o número de zonas verdes e vexetación. De aí que pidan a realización dun Plan para reverdecer Ribeira debido os seus grandes beneficios.

Dende o BNG apostan tamén pola eliminación das especies invasoras, como é o caso dos eucaliptos, nos montes e zonas forestais públicas, posibilitando repoboacións con especies autóctonas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí