VILANOVA> Artistas de Serbia, O Xapón, Filipinas e Bolivia actuarán no festival “O Mundo a Danzar” que terá lugar o sábado 3 de agosto en Vilanova. No evento participarán 157 bailaríns cas danzas tradicionais dos citados países. As actuacións celebraranse no Xardín UmbrÍo a partir das 22:30 horas.
O Concello de Vilanova sumarase por terceiro ano consecutivo ao festival “O Mundo a Danzar”. Un espectáculo de bailes tradicionais de diferentes países de todo o mundo e que se celebra en 10 municipios de Portugal máis en Vilanova. Nesta edición o sorteo deparou que as actuacións que veñan á vila sexan as de Serbia, O Xapón, Filipinas e Bolivia. A actuación terá lugar o sábado 3 a partir das 22:30 no Xardín Umbrío.
En total serán 157 artistas os que actúen en Vilanova representando os bailes tradicionais do seu país.
Este é o terceiro ano que o festival ven a Vilanova. O alcalde está convencido de que será un éxito como as edicións anteriores.
Vilanova renovou a súa participación no proxecto por dous anos, co cal se asegura que o festival volva á vila o vindeiro ano.












