NOIA> O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou esta mañá Testal, para manter un encontro co patrón maior, Santiago Cruz e representantes da confraría de pescadores, e no que tamén tomaron parte membros do equipo de equipo de goberno, co alcalde á cabeza santiago Freire.
Entre os temas a abordar nesa reunión atopábanse varios proxectos pendentes de realizar como é o caso da reiterada actuación solicitada polo pósito de dragaxe do porto.
Pero esta non foi a única demanda realizada polo pósito, que tamén lle pediu unha solución para as vacantes das mariscadoras a pé ou a necesidade de buscarlle unha solución ó valeirado de encoros.
Na reunión o Conselleiro destacou o traballo que realiza o pósito, poñéndoo como exemplo do que hai que facer.
Neste sentido Villares puxo en valor a recuperación da produción durante o pasado ano 2024, despois da elevada mortaldade de marisco provocada pola baixa salinidade das augas a causa do episodio extraordinario de fortes choivas vivido no outono do 2023.











