Con Roibo esixe á Confraría meca que permita o uso do truel e francada

    conroibo_100_020207.jpgO GROVE > Os integrantes da asociación de pesca deportiva Con Roibo do Grove manifestouse o sábado no municipio meco para esixir á confraría que non …

    …vete a súa actividade. O colectivo solicita a axuda da Xunta de Galicia para poder pescar na praias camarón e mais chopo utilizando o truel e a francada sen estar suxeitos ó que consideran unha inxustiza social por parte do pósito.

    conroibo_300_020207.jpgO medio centenar dos 211 membros da asociación de Pesca Deportiva Con Roibo que se manifestaban o sábado no Grove reclamaban que se lles permita recoller camarón e choco para consumo propio. Unha extracción que a confraría meca non lles permite en base á aplicación dun vello decreto que agora está a modificar a Xunta e que eles aseguran que ningunha confraría do litoral galego aplica.

    Os membros da asociación, na súa maior parte, xubilados e pensionistas, aseguran que a extracción é a pequena escala e sempre para consumo persoal, nunca para a venda a terceiros. Dende a asociación aseguran que contactaron cos patróns maiores doutras confrarías do litoral e que en ningunha se aplica esta medida que tan só se fai no Grove, polo que as multas que están poñendo os membros da confraría as están a recorrer.

    Redacción Salnés