O bipartito saca adiante a RPT grazas á abstención de EU

    eu_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> A corporación de Vilagarcía celebrou onte a segunda parte do debate iniciado hai un mes sobre a RPT.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_rpt_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A corporación de Vilagarcía celebrou onte a segunda parte do debate iniciado hai un mes sobre a relación de postos de traballo municipais.

    Nesta ocasión, o goberno local chegou ó pleno cun acordo firme con Esquerda Unida. Pese a saberse o desenlace de antemán, o punto non estivo exento de debate. O PP criticou este pacto da esquerda e considerou que así queda constituído o tripartito de Vilagarcía, para Tomás Fole, o peor que lle pode pasar a Vilagarcía.

    O ataque do PP recibiu a resposta contundente tanto de Esquerda Unida como do edil de Persoal José Membrives. Ambos afirmaron que, con esta relación de postos de traballo evitaranse modelos como os que segue o Partido Popular noutras institucións. PP e IVIL votaron que non, pero a abstención dos tres edís de Esquerda permitiu que os votos do PSOE e BNG foran suficientes para sacar adiante este punto.

    Redacción Salnés