A nova planta fotovoltaica da mancomunidade permitiralle un aforro enerxético na depuradora dun 35%

SALNÉS> A mancomunidade do Salnés inaugura a súa primeira planta fotovoltaica na depuradora de Tremoedo. A enerxía solar permitirá ao organismo comarcal cubrir a totalidade da produción da depuradora de día. O custo da planta é de 120 mil euros.

A mancomunidade do Salnés continúa apostando polas enerxías renovables. O organismo comarcal, en colaboración coa Xunta de Galicia, inauguraron hoxe a súa primeira planta fotovoltaica.

A enerxía solar produce a enerxía suficiente para que a planta funcione durante o día sen ningún consumo. Ademais de non producir emisións de CO2. A depuradora ten un custo anual de consumo enerxético de 40 mil euros. Esta planta permitirá á mancomunidade aforrar un 35%

A plan tivo un custo de 120 mil euros financiados entre ambos organismos. A aportación da Xunta foi de máis de 84 mil euros a través do fondo de compensación ambiental.

As enerxías renovables continuarán marcando as actuacións da mancomunidade do Salnés. Dende o organismo comarcal xa adiantaron que están traballando no deseño dunha nova planta fotovoltaica na estación de tratamento de auga potable. A colaboración coa Xunta continuaría a través dos fondos de compensación ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí