Semana tranquila nos viñedos

    SALNÉS> Trala aparición das primeiras manchas de mildeu a semana pasada, esta vai ser tranquila nos viñedos da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    Dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, a súa técnico Rosa Pérez recomenda aos viticultores a vixilancia do campo para comprobar o estado das viñas e controlar o posible avance da infección. As previsións meteorolóxicas tamén xogarán a favor dos viticultores estes días.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/28/rosa_perez_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/28/rosa_perez.mp4{/flowplayer}