VILAGARCIA> A veciñanza da Fonte da Coca, en Vilagarcía, denuncia as inundacións que sofre o aparcadoiro da Rúa Castiñeiro cada vez que chove. Segundo o presidente da asociación veciñal, o aparcadoiro inúndase pola falta de mantemento e como consecuencia do derribo dunha casa situada no terreo máis próximo.
Parece máis unha piscina que un aparcadoiro. De este xeito, denuncia a veciñanza da Fonte da Coca as inundacións que sofre o aparcadoiro da Rúa Castiñeiro. Segundo advirten os veciños, temen cada vez que chove pola graves consecuencias que ten na súa zona.
A veciñanza sinala dous factores como as causas destas inundacións: a falta de limpeza no aparcadoiro, cuxas cañarías están atascadas e a caída da auga tras o derrube dunha casa na fina próxima.
Para solucionar o problema, piden ao concello que realice as tarefas de mantemento e limpeza na zona e a continuación que realicen un proxecto para intervir no terreo da casa derrubada e evitar que toda a auga acabe no seu aparcadoiro.
Dende a asociación de veciños mostran o seu malestar ao non recibir ningunha contestación do concello. Advirten que o silencio do goberno local con eles é algo habitual, xa que levan anos denunciando que é necesario arranxar a estrada de Rodrigo de Mendoza e a zona infantil do parque da Coca.