![]()
PONTEVEDRA > O consello reitor do IPESPO aprobou está mañá por maioría o proxecto de urbanización do chan…
… industrial de Outeda-Curro, en Barro. Esta decisión marca o comezo do esperado polígono industrial que pertencerá ó complexo industria de Barro e Meis. Unha superficie de máis de 600.000 metros cadrados que, segundo o presidente da Deputación, Rafael Louzán, é a gran oportunidade para o desenvolvemento nesta zona. Acabáronse os trámites.
O polígono industrial de Outeda-Curro, en Barro está, dende hoxe, un pouco máis cerca. Máis cerca… porque hoxe o IPESPO aprobou o proxecto de urbanización e tamén o pliego de contratación. Esto quere dicir que… en 52 días remata o prazo para a presentación de ofertas para a adxudicación desta obra. !7 millón é orzamento deste polígono industrial que,segundo o presidente da Deputación, Rafael Louzán, traerá moitos beneficios á zona.600.000 metros cadrados de iniciática pública que unida á iniciativa privada que ten outros 200.000 metros cadrados fan deste polígono un dos maiores acometidos nesta zona. A extensión total do complexo industrial de Barro Meis será de tres millóns de metros cadrados.
Tamén o alcalde de Barro, José Antonio Landín , mostrou a súa satisfacción con este avance e aclarou o valor social desta obra. Ademais negou que Elnosa poida ter cabida neste emprazamento.
Redacción Salnés








