A escola de canteiros inicia as obras da aldea rural de Meis

    joseluisperezestevez_100_070307.jpgMEIS > O entorno dos muiños de Serén contarán dende este verán cun atractivo máis. Trátase da aldea rural que o concello está a…

    …construir na zona e coa que pretende recrear cómo era a vida diaria dos nosos ancestros. A capela, o piorno, as cortes… en total, máis de 60 pezas en pedra, un traballo que están a realizar os alumnos da escola de Canteiros.obrasaldearuralmeis_200_070307_1.jpg

    A capela da aldea, o piorno, o reloxo de sol, as cortes dos animais, o forno de pedra… a vida como era fai 100 anos. É o que pretende mostrar o concello de Meis ós veciños e visitantes no entorno dos muíños de Serén. As obras de contrucción deste conxunto, realizado íntegramente en pedra comezaron a pasada semana e prevese que estará rematada a finais da vindeira primavera.

    Segundo informou o alcalde, está previsto que unha vez finalizadas as obras se instalen paneis informativos nos que se explique o uso e o funcionamento de cada peza do conxunto, para achegar o pasado á actualidade. Tamén se está a estudiar a posibilidade de realizar visitas guiadas polo entorno dos muíño e da aldea rural. Todo esto, xa a inicio de verán. Mentres, os alumnos da escola de canteiros, continúan a traballar no conxunto.

    Redacción Salnés