A Mancomunidade do Salnés quere potencialo turismo cultural

    meao_020407__100.jpgCAMBADOS > Potenciar o turismo cultural no Salnés. Con este fin arrancan ás primeiras xornadas centradas nesta materia…

    …dende a mancomunidade. O programa de actividades ten dous grandes protagonistas: O primeiro simposio de turismo cultural e un calendario de actividades intentarán achegar un pouco máis este mundo á poboación. Moitas actividades chegan á mancomunidade do Salnés no marco das primeiras xornadas de turismo cultural. A meta é potenciar a descentralización do turismo na zona e facer que a xente de tódalas idades se impliquen nesta iniciativa. No simposio poderemos ver distintas propostas de foro da nosa comunidade que funcionaron en lugares como Barcelona ou Sevilla e que ben poderían adaptarse con éxito á oferta turística do Salnés.

    Entre as actividades hai que destacalo concurso de relato curto e debuxo, as visitas concertadas para grupos ós diferentes museos da comarca, as actividades de cultura activa como o obradoiro “Titiritrote” ou o conta contos, e a inauguración de esculturas de Lucas baseadas nos personaxes de Valle-Inclán. 12 museos de Cambados, Meis, Ribadumia, Meaño, Vilagarcía e Vilanova participan nesta nova iniciativa cultural. O turismo cultural segue a crecer en toda Europa cun crecemento de máis dun vinte por cento nos últimos dez anos.

    Redacción Salnés