As nenas e nenos de Vilagarcía celebran o entroido nos centros escolares

VILAGARCÍA> O entroido chegou aos colexios da nosa contorna. Nos centros educativos, especialmente nos de infantil e de primaria, case todos os nenos e nenas acudiron disfrazados as clases. No caso do CEIP de Rubiáns a temática dos disfraces centrouse na arte co obxectivo de mesturar diversión e cultura.

O entroido xa chegou aos colexios da nosa contorna. Na maioría dos centros educativos, especialmente nos de infantil e primaria, todos os nenos e nenas acudiron disfrazados ás aulas. No caso do CEIP plurilingüe de Rubiáns cada curso disfrazouse de forma diferente pero todos seguindo a mesma temática, a arte.

Seguindo co seu proxecto pedagóxico, os nenos e nenas non só se disfrazaron de artistas ou das súas obras, se non que abondaron na historia de moitos artistas descoñecidos.

Como celebración do entroido, os escolares desfilaron dende o colexio ata o centro cultural de Rubiáns onde fixeron un pequeno certame de disfraces.

Tanto as nais e pais como os máis pequenos gozaron coa xornada de entroido.

O entroido celebrouse no resto de colexio da nosa contorna. En Vilanova os nenos e nenas tamén desfilaron centrados na temática do espazo. Na escola infantil municipal de Vilagarcía as diferentes clases convertéronse en pequenas froitas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí