A senda peonil de Catoira poderá ser transitable en agosto

    visitapaseofluvialcatoira100_070507.jpgCATOIRA > Os veciños e visitantes poderán pasear pola senda peonil en agosto. Alomenos pola parte que irá adoquinada, …

    … xa que o paseo non estará completo ata finais de verán por mor dos modificados que sufriu o proxecto. Esta mañá o alcalde visitou os avances xa feitos xunto co subdelegado do goberno en Pontevedra e a xefa provincial de Costas.

    visitapaseofluvialcatoira200_070507.jpgXa se comeza a ver como quedará a senda peonil que discorrerá polo bordo litoral de Catoira, desde a beira do Ulla ata o límite co concello de Valga. Esta mañá visitaron o paseo o subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, a xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, e o alcalde Alberto García. As autoridades destacaron que esta senda terá partes en madeira, outras en xabre e outras en adoquinado. Precisamente a zona adoquinada ata a primeira pasarela de madeira estará rematada este verán.

    A obra tería que estar rematada a mediados de xuño pero houbo modificacións no proxecto inicial que atrasarán esta data a finais de verán, segundo indicou a empresa Indeza. O sendeiro terá unha lonxitude total de case dous quilómetros e nel colocaranse obstáculos para impedir o acceso de vehículos a motor. Na intersección coa ponte inclúirase unha glorieta e a plantación de árbores autóctonas. Tamén se habilitará un peirao onda as Torres para embarcacións recreativas. Ademais, nas inmediacións da vía de acceso ás Torres acondicionarase unha área de estacionamento. O proxecto conta cun orzamento de máis de 693 mil euros.

    Redacción Salnés