Vivenda, benestar, cultura e emprego, eixes do programa do BNG

    robertolores100_070507.jpgSANXENXO > Sanxenxo podería ter ata 700 vivendas protexidas. Así o indica o BNG tendo en conta o 20% reservado …

    … na Lei do Solo de Galicia en 27 dos 30 solos urbanizables que hai no PXOM. Os nacionalistas estarían dispostos a cumprilo na totalidade e por iso critica a cantidade de 318 vivendas recollida no programa electoral do PP.

    De acadar o goberno de Sanxenxo, o nacionalista Roberto Fernández Lores afirma que adherirá ó Concello ó Consorcio Galego de Servizos de Benestar e Igualdade para conseguir investimentos da Xunta en materia de servizos sociais. Tamén está disposto a entrevistarse coa Consellería de Sanidade para asinar dunha vez o convenio para o centro de saúde. Son algúns compromisos que recolle no seu programa o BNG.

    En materia de emprego, Lores ve unha saída á estabilidade laboral no polígono industrial, e cre que o Concello debería apoiar iniciativas de novos empresarios locais. En Cultura tratarán de por en valor e dotar de contido as infraestructuras existentes. En total son vintetrés os grandes compromisos que recolle o programa do BNG para cubrir as expectativas e carencias dos veciños.

    Redacción Salnés