![]()
VILAGARCÍA > O vilagarcián Antón Paz converteuse por segunda vez xunto co seu compañeiro Echávarri en campión mundial …
… da clase Tornado de vela. Esta carreira celebrada na localidade portuguesa de Cascais levará ó equipo galego a loitar polo ouro nos xogos olímpicos de Pekín 2008.
Con este triunfo o equipo galego logra o seu terceiro podio da tempada despois de gañar a medalla de bronce na Rolex Miami OCR e o campionato Norteamericano. Estes premios súmanse ó recoñecemento do concello vilagarcián e do Liceo Casino que proporá na próxima Asamblea Xeral o nomeamento de Antón Paz e Fernando Echévarri como socios de honra.
Antón Paz recibía onte a insignia de ouro do Casino Liceo de Vilagarcía polo logro deportivo da súa carreira.
Redacción Salnés







