MEAÑO> Meaño pon en marcha o seu primeiro concurso de tapas. Os días 5, 6, 7 e 8 e o 11, 12 e 13 de decembro 13 establecementos da vila ofrecerán dúas tapas cada un para gusto de todos os clientes por un prezo de dous euros. Un xurado profesional encabezado por Pepe Solla será o encargado de escoller ás mellores.
13 establecementos de Meaño súmanse á moda dos concursos de tapas e serán os participantes do primeiro certame gastronómico deste tipo que terá lugar os vindeiros días 5, 6, 7 e 8 e 11, 12 e 13 de decembro neste municipio.
Os locais prepararán cada un dúas creacións coas que competirán por gañar a Tapa de Ouro, Prata e Bronce e serán xulgados por expertos como o chef estrela Michelín Pepe Solla, a revista La Alacena Roja, a blogueira gastronómica autora de “La cocina de mi abuelo”, os sumilleres José Luís Aragunde e Eduardo Camiña e a enóloga María Sineiro.
Unha valoración na que o máis importante será o sabor.
O público tamén poderá participar na votación sempre e cando visite e valore todos os establecementos participantes. Entre aqueles que proben as tapas meañesas sortearanse 13 vales a empregar nos propios locais.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/30/concurso_tapas_meano.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/30/concurso_tapas_meano.mp4{/flowplayer}