Cipri e Balbich pelexarán en Pontevedra polo Mundial de Kick Boxing

kickboxing_cipri100_160807__still_001.jpgPONTEVEDRA > O Campionato do Mundo de Kick Boxing, enfronta mañá ó galego Cipri Gómez co belga Mikael Balbich

… Previo a este combate haberá outros seis, entre eles dous campionatos de España, de Kick Boxing e full contact. Será a partir das dez e media da noite na praza de Touros.

Cipri Gómez é un dos protagonistas do combate estelar que pecha mañá o segundo trofeo Cidade de Pontevedra de Kick Boxing. O púxil ourensá medirase co belga de orixe croata Mikael Balbich polo campionato do mundo. Un combate de versión ISKA, a 12 asaltos en kickboxing con patadas baixas, que promete ser duro. O propio Cipri augura un combate ‘digno de ver, moi duro e difícil’ e cre que ‘vai haber cao’.

kickboxing_cipri_tongpo200_160807__still_001.jpgEste será o final dunha serie de sete combates que se iniciarán ás dez e media da noite na praza de Touros de Pontevedra, entre eles dous campionatos de España. Un en versión WKA, en full contact, entre o galego Daniel Galdo e o murciano Alexis García, e outro en versión ISKA, en Kick Boxing, entre o malagueño Óscar Rueda e o murciano Marcos Galbán.

No torneo tamén estará como convidado o productor e actor de filmes de artes marciais Michel Qissi ‘Tong Po’, quen adiantou que Cipri podería incorporarse ó cásting para o seu filme ‘Forja de campeones’.

Redacción Salnés