Fernández Lores presenta o proxecto da praia fluvial do Lérez

    lores100_290807_001.jpgPONTEVEDRA > O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou hoxe o proxecto da praia fluvial no río Lérez

    … A paria fluvial do río Lérez é unha asignatura pendente do concello de Pontevedra que por fin farase realidade para o 2008. Despois de que os técnicos revisen o proxecto, solicitaranse as autorización oportunas para sacar a contratación a obra que segundo explicou o alcalde de Pontevedra, dotarase dos mellores servizos para que os cidadáns poidan gozar dun espazo natural, óptimo para ó baño, como dotar a praia de aparcadoiro, facer 5000 metros cadrados de zona verde ou extrema-la vixilancia na zona

    Entre as actuacións que se pretenden levar ó cabo atopase a recollida de lixo, mellora dos accesos, a continuación do paseo e ampliación do carril de bicicletas, a dotacións de aparcadoiros e o dragado dunha parte do río para habilitar a zoa de area.

     A inversión prevista para este proxecto e de máis de cincocentos mil euros e as obras están previstas que finalicen antes do verán do 2008.

    Redacción Salnés