A Illa comeza os trámites para construír dous aparcamentos soterrados

    plenoilla_alcalde_100_140907_-_still_001.jpgA ILLA > O pleno municipal aprobou o estudo de viabilidade para a construción de dous parquins soterrados no Cantiño e no Regueiro.

    Anque o goberno local insistiu moito en que só se trataba de aprobar un estudo que valorase a viabilidade de construír os aparcamentos, a oposición entrou xa no debate sobre os propios proxectos, especialmente no referido ó da praza do Regueiro. O BNG recordou que o goberno local tiña un plan de peonalización para o Regueiro que esta obra poría en perigo e dubida tamén da viabilidade do parquin, xa que o estudo presentado se basea nunha recadación de 18 mil euros por praza vendida, unha cantidade que consideran excesiva.

    O PSOE recordou que ésto só é o estudo de viabilidade, o primeiro trámite dun longo proceso que incluiría anteproxectos, proxectos e multitude de estudos complementarios. Pola súa banda o alcalde recordou que na Illa hai hoxe 1.031 vehículos máis que hai dez anos, un dato que demostra a necesidade de prazas de aparcamento.

    Proxecto

    En total o proxecto do goberno local permitiría construír 560 prazas. 320 no Cantiño e 240 no Regueiro. Aquí poríanse á venda 180 e as outras 56 quedarían para uso ocasional, mentres que no Cantiño quedarían libres 74 e poderían mercarse 246. A idea é que a concesión dos aparcadoiros sexa por 50 anos, e, deste xeito, sexa a iniciativa privada quen desenvolva estas infraestruturas. Pero todo esto terá que perfilarse agora, unha vez que onte se aprobou o estudo de viabilidade.

    Centro de saúde

    Como tamén se ratificou a cesión da parcela dos Castriños ó Sergas para facer un novo centro de saúde. Tamén neste caso a oposición se abstivo ó non ter moi claro o convenio coa igrexa, propietaria deses terreos que agora pasaron a ser do Concello e que éste porá a disposición da Xunta para que constrúa o necesario ambulatorio.

    Redacción Salnés